Grupo de Teoría da literatura e Literatura comparada da USC

Benvida, benvido á páxina do grupo de investigación en Teoría da Literatura e Literatura Comparada (GI-1371), pertencente ao Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da USC. Neste espazo ofrecemos a oportunidade de coñecer mellor o traballo do noso equipo, as nosas liñas de investigación e as publicacións e actividades que leva a cabo o grupo.

Actividades

  • Seminario: “Borges, obra y maniobras mediáticas (1976-1986 y posteridad)” A cargo de Annick Louis coa colaboración de Marcelo Topuzian

    14 e 15 de decembro de 2023

    Nesta terceira edición de Pasaxes. Seminario permanente de Teoría literaria e Análise cultural, Annick Louis (École des hautes études en sciences sociales, París), coa colaboración de Marcelo Topuzian (Universidad de Buenos Aires), tráennos o seminario “Borges, obra y maniobras mediáticas (1976-1986 y posteridad)” no marco do Proxecto de investigación «La inscripcion de la memoria cultural en el espacio publico: Estrategias de consumo institucional del pasado literario (1837-1978)» (PID2021-127259NB-I00, MCINN). A celebración deste será na sala B13 da Facultade de Filoloxía os días 14 e 15 de decembro entre as 11:30 e as 13:30.

  • Pasaxes. Seminario de Mabel Moraña

    25 de maio e 5 de xuño

    Nesta segunda edición de Pasaxes. Seminario permanente de Teoría literaria e Análise cultural, Mabel Moraña, titular da Cátedra William H. Gass de Humanidades na Washington University in Saint Louis, propónnos a conferencia “Necropoéticas, necropolítica y los laberintos del género”. A celebración desta será na sala B13 da Facultade de Filoloxía o 25 de maio ás 11:00hs. Por outra banda, o luns 5 de xuño (10-13hs) a profesora Moraña ofrecerá un seminario aberto ao PDI e ao alumnado de doutoramento e mestrado na sala B13 titulado "Cuestiones migratorias. Des/re/territorializaciones, postnacionalismo y la dislocación del sujeto”. 

Novas

Publicacións