I Simposio sobre memoria pública e posteridade literaria: Rosalía de Castro e Gustavo Adolfo Bécquer
Datas: 24 e 25 de abril Actividade aberta
Celebración do I Simposio sobre memoria pública e posteridade literaria: Rosalía de Castro e Gustavo Adolfo Bécquer vinculado ao Proxecto LIMCE durante os días 24 e 25 de abril na Facultade de Filoloxía da USC.

Os próximos 24 e 25 de abril a Facultade de Filoloxía acollerá o I Simposio sobre memoria pública e posteridade literaria: Rosalía de Castro e Gustavo Adolfo Bécquer vinculado ao Proxecto LIMCE e coa colaboración do Grupo de Teoría da Literatura e Literatura Comparada, así como do PAIX en Humanidades e Ciencias Sociais da USC.
Por unha banda, as sesións de mañá constarán dunha serie de conferencias plenarias abertas na Sala B13 dos profesores Catherine Davies (University of London), Marta Palenque (Universidad de Sevilla), Fernando Cabo (USC) e Germán Labrador (Princeton University), así como dunha serie de mesas redondas nas que se abordarán temas como as estratexias de memorialización ou a construción da imaxe literaria dos autores. Por outra banda, na sesión da tarde o grupo reunirase para realizar un Workshop pechado na Sala 114. En definitiva, este encontro procura analizar a figura dos dous autores a través dunha perspectiva comparada que atenda aos mecanismos de institucionalización mediante os cales se crea a súa memoria pública.