Volver á listaxe

A Universidade de Santiago acolle a terceira edición de Performa

Datas: Do 9 ao 11 de outubro de 2017 Actividade pechada

O seminario organizado polo proxecto de investigación Performa desenvolverase a segunda semana de outubro e estará dedicado á figura e ao papel do espectador 

A Universidade de Santiago acolle a terceira edición de Performa

A Universidade de Santiago acolle entre os días 9 e 11 de outubro o seminario Performa III, nesta ocasión adicado á figura do espectador e as súas maneiras de estar fronte ao acontecemento performativo. Performa III tratará de achegarse aos porqués das actitudes que se manifestan fronte á performance: ollar, rir, intervir, marchar, bocexar,... O seminario afondará ademais noutras cuestións, como por que a era dixital leva a unha interacción máis explícita, a necesidade da copresenza (actor- espectador) nun acontecemento performativo ou os significados de "actuar" e "performatividade"