Volver á listaxe

O teatro fóra de sí: performatividades políticas no contexto hispánico actual

Datas: 22, 23 e 24 de novembro de 2018. Actividade aberta

Coloquio internacional. 22-24 de novembro de 2018. Universiade de Tolouse - Jean Jaurès.

 

O teatro fóra de sí: performatividades políticas no contexto hispánico actual

Este coloquio internacional inscríbese no ciclo dos traballos emprendidos a partir de 2014 no marco do proxecto de investigación PERFORMA: “O teatro fóra do teatro. Performatividades contemporáneas na era dixital”, levado a cabo pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Universidade de Toulouse - Jean Jaurès e a Universidad Carlos III de Madrid.

 

Nun primeiro momento exploráronse as novas formas teatrais diseminadas nun contexto urbano, no ciberespazo ou ben canalizadas a través do cinema, a radio ou a televisión, así como os patróns teatrais aplicados aás novas tecnoloxías e a outros media (foto, cine...). Nunha segunda etapa, a análise centrouse na recepción, examinando o que estas formas performativas “provocan” no espectador ou no participante actual.

 

O presente coloquio, pola súa parte, traballará sobre as modalidades de articulación do performativo e do político, sobre todo nas artes do espectáculo actual en España. Dá a impresión, en efecto, de que a era postmoderna, que sostiña unha certa forma de desilusión, se teña consumado para dar paso a un novo cuestionamiento sobre a politicidade da arte, reanudando así co papel que se lles asignaba aos pioneiros da performance nos anos 1960 e 1970. Facéndose eco desas vangardas, reaparece nestes momentos un certo radicalismo que intenta desvelar as novas formas de dominación, e por tanto de represión, co risgo, sempre presente, de subscribir unha postura reaccionaria que fai do espectador un ser ignorante ao que habería que ilustrar (Rancière).

 

Tratarase, polo tanto, de analizar estas formas performativas inéditas para precisar a maneira coa que, segundo que casos, provocan, invocan, convocan ou invitan ao político.

 

As novas críticas da polis visitan de novo as vellas formas do político (transgresión moral, contidos ideolóxicos, contestatarios, comprometidos, militantes, postura épica co seu narrador, estratexias de distanciamento, recurso á reportaxe e ao documento, axitación, provocación, propaganda...) ou ben propoñen novas formas de denuncia social, en fase cos grandes retos sociais nacidos das recientes revolucións numérica e medioambiental? Se o teatro postdramático (Lehmann) tiña elixido unha orde simbólica caracterizada por unha hiperpresenza escénica, asistimos agora a un renacemento da representación, da distanciación que favorece a priori o impacto crítico das proposicións artísticas? Vislumbramos un regreso do horizonte ficticio que mobilizaría profundamente o imaxinario dos espectadores? Entre a performance artística entendida como a instantaneidade da carne baleira de significación (unha vacuidade que permite, tal vez, a cada un dotala de sentido) e a que elixe a axitación política no espazo público, segue a desempeñar o cuerpo o papel de denunciante? Como se renegocian as relacións entre performance e política no momento da estética relacional que convida a pensar a forma na que a arte produce novas relacións sociais? Esas novas relacións sociais son políticas? Como se atopa hoxe perturbado o habitus hiperregulado do corpo social? A performance sérvelle á política ou contribúe a situala nunha perspectiva crítica?

 

As comunicaciones inscribirase neste espazo de cuestionamento que vai desde a estética postmoderna ás nuevas formas de politicidade no campo da performance artística e, en particular, na área hispánica contemporánea.

 

Para enviar unha proposta de comunicación, encha o formulario dispoñible na web del grupo Performa antes do 3 de setembro de 2018. As comunicacións poderán adoptar unha forma performada. A lingua elixida será o español.

 

Responsables científicos: Emmanuelle Garnier & Fabrice Corrons

Comité científico e comité de organización: Anxo Abuín, Carole Hurtado, Paco Serrano, Natalia Amalia Garcia, Gabriella Serban, Judith Noguera Fonseca, Lîlâ Bisiaux, Karine Saroh, Sandra Bort.

Contacto: performagrupo@gmail.com