Volver á listaxe

Pasaxes. Seminario de Sergio Blanco

Datas: 17 de abril de 2023 Actividade aberta

Nesta segunda edición de Pasaxes, o dramaturgo e director teatral Sergio Blanco propónnos, en primeiro lugar, unha conferencia titulada “Mirada sensible y contemporaneidad”. A celebración desta será no salón de graos da Facultade de Filoloxía o 17 de abril ás 11:00hs. Por outra banda, o martes 18 de abril entre as 10:00 e as 14:00hs ofrecerá un seminario aberto ao profesorado e alumano de doutoramento e mestrado na sala B13 titulado "La autoficción: una ingeniería del yo" no marco do proxecto PERFORMA.

Pasaxes. Seminario de Sergio Blanco Pasaxes. Seminario permanente de Teoría literaria e Análise cultural é unha iniciativa da área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Instituto de Investigaciones Bibliográficas da Universidad Nacional Autónoma de México. Este ten por finalidade converterse nun foro propicio para o intercambio de ideas con especialistas en estudos literarios e culturais. Neste sentido, o seminario non só aposta por un mellor coñecemento dos avances teóricos e metodolóxicos que están a realizarse desde outros ámbitos e espazos de coñecemento, senón que tamén reivindica a necesidade dun pensamento situado e cooperativo para abordar problemáticas que sobrepasan calquera tipo de fronteira.

 

 

 

Nesta segunda edición de Pasaxes, o dramaturgo e director teatral Sergio Blanco propónnos unha conferencia titulada “Mirada sensible y contemporaneidad”. A celebración deste será no salón de graos da Facultade de Filoloxía o 17 de abril ás 11:00hs. Así mesmo, un seminario aberto ao profesorado e alumanado de doutoramento e mestrado titulado "La autoficción: una ingeniería del yo", que se celebrará o martes 18 de abril na sala B13 entre as 10:00 e as 14:00hs no marco do proxecto PERFORMA.