Volver á listaxe

IX Simposio ASETEL: "Pensar os medios: xéneros, dispositivos e estratexias"

Datas: 7 - 8 outubro 2021 Actividade aberta

As actividades do IX Simposio de ASETEL (conferencias, ponencias e debates) tratarán do indubidable contaxio teórico-práctico entre a literatura e outros medios de comunicación, da idea de novidade que adoita aparecer en calquera interrogación sobre os new media máis alá do soporte analóxico ao dixital, da brevidade como espazo privilexiado para a xenología que nos obriga a cuestionar o aspecto «material» e pragmático do concepto de literatura, e do estado das investigacióms literarias e culturais baixo unha óptica global.

O IX Simposio de ASETEL atende estes asuntos e ofrécese como espazo de reflexión sobre a actualidade e visibilidade da propia disciplina na sociedade dos medios; as relacións intermediais e transxenéricas en contornos e formatos que nos obrigan a cuestionarmos determinadas concepcións auráticas e institucionais da literatura; o debate terminolóxico e clasificatorio das formas breves contemporáneas, as súas coordenadas transxenéricas, o seu carácter híbrido e a súa apertura a fenómenos tecnomediáticos; e os aspectos socioeconómicos e culturais que condicionan os estudos literarios desde distintas perspectivas (estadounidense, europea e española).

 

Coordinadores: Anxo Abuín González, Paulo Antonio Gatica Cote e María do Cebreiro Rábade Villar.

 

Sede do Simposio: Facultade de Filoloxía (Salón de actos), Universidade de Santiago de Compostela

IX Simposio ASETEL: "Pensar os medios: xéneros, dispositivos e estratexias"

Xoves 7 de outubro

9:30-10:45

- Apertura institucional e homenaxe ao profesor Darío Villanueva Prieto

Antonio López Díaz (Rector de la Universidade de Santiago de Compostela), Elías J. Feijoo Torres (Decano da Facultade de Filoloxía-USC), Santiago Fernández Mosquera (Director do Dpto. de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura  Lingüística Xeral-USC), Domingo Sánchez-Mesa (presidente de ASETEL-UGR).

- Conferencia inaugural. La verdad de las distopías

Darío Villanueva Prieto (Universidade de Santiago de Compostela)

10:45-12:00 Mesa 1. Los medios en la teoría y la teoría en los medios

Marta Pérez Pereiro (Universidade de Santiago de Compostela)

Domingo Sánchez Mesa (Universidad de Granada) (coord.)

Virgilio Tortosa (Universidad de Alicante)

12:00-12:15 Pausa café

12:15-13:45 Mesa 2. Nuevos canales de divulgación de la disciplina

Fernando Cabo Aseguinolaza (Universidade de Santiago de Compostela) (coord.)

Ana Casas (Universidad de Alcalá)

Germán Labrador (Princeton University)

16:30-17:45 Mesa 3. Los desafíos de la brevedad

Ana Calvo Revilla (Universidad CEU San Pablo)

Paulo Gatica Cote (Universidade de Santiago de Compostela) (coord.)

Nieves Rosendo (Universidad de Granada)

17:45-18:30 Conferencia plenaria. Playing cat and mouse: daily life in the times of cultural industry

Laurent Jullier (Université Sorbonne Nouvelle – Paris 3). Presenta: Anxo Abuín González

18:45-20:45  Asamblea de ASETEL 3

21:30 Cena socios y participantes Hotel NH Collection

 

Venres 8 de outubro

10:00-10:45 Conferencia plenaria: Os corpos inscritos: xénero, moda e literatura

Rebeca Baceiredo, filósofa. Presenta: María do Cebreiro Rábade.

10:45-11:00 Pausa

11:00-12:15 Mesa 4. Nuevos formatos: hacia una literatura expandida

Daniel Escandell (Universidad de Salamanca)
María José Sánchez Montes (Universidad de Granada)
Germán Sierra (Universidade de Santiago de Compostela) (coord.)

12:15-13:00 Conferencia plenaria: "Intermedialidad, remediación y evolución de la conciencia lectora: trayectorias paralelas"

María Andrea Giovine (Universidad Nacional Autónoma de México). Presenta: Anxo Abuín González.

13:00-13:30 Taller “Lecturas híbridas”. Resistencias: los estilos de la teoría

Azucena González Blanco (Universidad de Granada). Presenta: Paulo Gatica Cote.

17:30-19:30 Presentación de volúmenes en homenaje a Darío Villanueva Prieto

Coordina: Fernando Cabo Aseguinolaza.

-Textualidades (inter) literarias. José María Pozuelo Yvancos (Universidad de Murcia)

-El Quijote antes del cine. Filmoliteratura. José Luis Castro de Paz (Universidade de Santiago de Compostela)

-De los trabajos y los días. Carlos Reis (Universidade de Coimbra)

-Diálogo entre Carlos Reis y Darío Villanueva

19:30-20:30 Conferencia de clausura. En medio(s) [sin fin] de farsantes

Fernando Castro Flórez (Universidad Autónoma de Madrid). Presenta: Domingo Sánchez- Mesa.