Volver á listaxe

Concédenlle a Bolsa Leonardo a María do Cebreiro Rábade Villar polo seu proxecto "Os ollos das árbores"

Concédenlle a Bolsa Leonardo a María do Cebreiro Rábade Villar polo seu proxecto "Os ollos das árbores"

A investigarora María do Cebreiro Rábade Villar vén de ser recoñecida coa Bolsa Leonardo a Investigadores e Creadores Culturais, unhas bolsas destinadas a apoiar proxectos de investigadores que se atopan en estadios intermedios da súa carreira e que forman parte do tecido que sustenta o sistema científico e cultural do país.

"Os ollos das árbores" preséntase como un proxecto "a medio camiño entre a investigación e a creación literaria" tal e como o define a investigadora, pois aspira a reconstruír, a través da palabra poética e da perspectiva da natureza, tres episodios da historia natural que forman parte da memoria colectiva de Madrid. O resultado físico deste proceso será un libro de poemas que dialogará igualmente cos modelos do herbario ou o álbum ilustrado. A perspectiva adoptada como "unha mirada non humana, pero non allea ao humano" será a que lle permita acceder a unha memoria botánica esquecida e así "dotar de voz de de mirada ás árbores e outras especies vexetais que foron testemuñas, en apaciencia mudas, de revolucións, motíns, conspiracións e reinados".

Fonte: https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/bolsas-leonardo-reconecen-proxectos-maria-cebreiro-rabade-villar-julia-ammerman-yebra