Volver á listaxe

Afecto, memoria e lugar na obra de Rosalía de Castro centran os temas do Seminario Internacional que se celebra en decembro

Afecto, memoria e lugar na obra de Rosalía de Castro centran os temas do Seminario Internacional que se celebra en decembro

Celébrase un novo Seminario Internacional sobre Rosalía de Castro dentro do proxecto de investigación "Cartografías do afecto e usos públicos da memoria: unha análise espacial da obra de Rosalía de Castro" (FFI2017-82742-P). Terá lugar os vindeiros días 4 e 5 de decembro na Facultade de Filoloxía da USC e na Casa-Museo Rosalía de Castro.

 
 
A xornada do 4 de decembro realizarase no Seminario B13 da Facultade de Filoloxía da USC e abrirase coa conferencia de Pura Fernández, investigadora do CSIC, titulada “Objects of my affection. Autoras, propietarias y artesanas: en torno a las escritoras decimonónicas”. A continuación a profesora da USC Dolores Vilavedra dará a conferencia “Cara a un novo paradigma na articulación da memoria literaria rosaliana”, seguida pola ponencia “O valor da memoria nos prólogos de Rosalía de Castro” a cargo da investigadora Laura Camino Plaza (USC).
 
 
Pola tarde Ángeles Rodríguez Fontela, profesora da USC, falará de “Rosalía de Castro en las artes visuales. Mitificación y rostrificación de la imagen fotográfica”, seguida por Fernando Cabo Aseguinolaza, investigador principal do proxecto e coordinador do Grupo de Investigación TLLC, quen dará unha conferencia titulada “Posteridad, necropolítica y anacronía. Una placa para Rosalía Castro”. 
 
 
Para pechar esta primeira xornada a investigadora Jenny Haase (HU-Berlin) fará unha ponencia titulada “«Como el salvaje hormiguero». Para una lectura postantropocentrista de En las orillas del Sar”.
 
 
O seminario continúa o xoves, 5 de decembro na Casa-Museo Rosalía de Castro en Padrón. Abrirase coa ponencia Santiago Díaz Lage (USC) e Arantxa Fuentes Ríos (USC) “Hacia una cartografía de la recepción de Rosalía de Castro: una base de datos sobre su presencia en la prensa periódica”. A seguir, as investigadoras do proxecto María López Sández e María do Cebreiro Rábade Villar presentarán as comunicacións “Un achegamento botánico á obra de Rosalía de Castro: as emocións e a memoria desde a historia natural” e “Hacia una cartografía de la recepción de Rosalía de Castro: una base de datos sobre su presencia en la prensa periódica”.
 
 
A sesión e o seminario péchanse ao final da mañá cun relatorio de Anxo Angueira, profesor da UVigo e presidente da Fundación Rosalía de Castro), titulado “Dous itinerarios de En las orillas del Sar”.
 
 
Consulta o programa completo en pdf.