Volver á listaxe

Suspéndese o IX Simposio da ASETEL en Santiago

Suspéndese o IX Simposio da ASETEL en Santiago

As novas restricións ditaminadas pola Xunta de Galicia por mor do avance da Covid-19 impiden a celebración do Simposio, prevista para o 28 e 29 de xaneiro. A organización buscará novas datas para celebralo coas debidas garantías.

Comunicado do comité organizador:

As actuais medidas adoptadas poa Xunta de Galicia e pola Universidade de Santiago de Compostela impiden a celebración de calquera acto presencial ou semipresencial. Por esta razón decidimos suspender o IX Simposio ata que a situación sanitaria o permita coas debidas garantías. Esta decisión é dolorosa polo carácter simbólico do evento, dedicado, en boa medida, a renderlle homenaxe a Darío Villanueva, mais confiamos en que poidamos reunirnos todos presencialmente nunha data da que seredes informados proximamente. Quedamos á vosa completa disposición.