Aránzazu

Fuentes Ríos, Aránzazu

Doutora europea en Teoría da Literatura e Literatura comparada

arantxa.fuentes@usc.es

Actualmente profesora asociada á Universidade de Santiago de Compostela e Doutora europea en Teoría da Literatura e Literatura comparada, desempeñei boa parte da miña traxectoria docente universitaria no estranxeiro. Fun profesora na Universidade da Bourgogne (Dijon, Francia) e posteriormente na University of Richmond (VA, EEUU), onde impartín cursos de poesía trasatlántica, teoría da lírica ou poesía española contemporánea. Vencellada ao Grupo de Teoría da literatura e Literatura comparada da USC, formei parte de distintos proxectos de investigación, o máis recente "La proyección del lugar: Compostela en su imaginario geoliterario (1844-1926). Sistemas de Información Geográfica y Humanidades Espaciales". As miñas publicacións científicas teñen como obxeto de estudo a configuración da temporalidade literaria na modernidade e a figura do poeta-crítico a través de autores como Antonio Machado, Octavio Paz ou José Ángel Valente. A miña labor investigadora beneficiouse de axudas de distintos centros de investigación como La Casa de Velázquez ou o Centro Ramón Piñeiro para o Estudio das Humanidades. Participei en reunión científicas organizadas por distintas universidades estranxeiras ou nacionais como a University of Virginia, Brown University, Université de Montréal, Universidad de Salamanca ou Granada. A miña liña de investigación actual comprende aspectos tanto de cartografía literaria como de teoría da historia literaria.