César Pablo

Domínguez Prieto, César Pablo

Profesor titular de Literatura comparada

cesar.dominguez@usc.es

www.cesardominguez.es

César Domínguez (Bos Aires, 1970) é profesor titular de Literatura comparada na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi titular da Cátedra Jean Monnet "A cultura da integración europea" entre 2012 e 2015. Dende 2016 é así mesmo catedrático honorario de literatura comparada na Universidade de Sichuan.

A súa docencia e investigación centranse na teoría da literatura comparada, literatura europea, tradución, cosmopolitismo, migración e literatura mundial. O seus libros máis recentes son World Literature: A Reader (Routledge, 2013), Contemporary Developments in Emergent Literatures and the New Europe (Universidade de Santiago de Compostela, 2014), Cosmopolitanism and the Postnational: Literature and the New Europe (Brill–Rodopi, 2015), Introducing Comparative Literature: New Trends and Applications (Routledge, 2015), traducido recentemente ao castelán por Taurus co título de Lo que Borges enseñó a Cervantes: Introducción a la literatura comparada, e o segundo e derradeiro volume de A Comparative History of Literatures in the Iberian Peninsula (John Benjamins, 2016).

Polo que se refire a servizos á profesión, foi presidente do Réseau européen d'études littéraires comparées e director do Comité de Investigación da Asociación Internacional de Literatura Comparada (AILC/ICLA). Na actualidade é vicepresidente da Sociedad Española de Literatura General y Comparada, secretario do Comité Coordinador de Historias Literarias Comparadas en Linguas Europeas da AILC/ICLA, membro da Academia Europea, membro do Colexio Holmiense de Literatura Mundial e asesor do Instituto de Literatura Mundial da Universidade de Harvard.

Curriculum

Publicacións