Alba

Cid Fernández, Alba

Bolseira-Contratada FPU

alba.cid@usc.es

Alba Cid (Ourense, 1989) é licenciada en Filoloxía Galega, Filoloxía Portuguesa e Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén cursou o Máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura. Recibiu o Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia en 2012 e o Premio Nacional Fin de Carreira en 2013. 

Foi bolseira do Servizo de Normalización Lingüística da USC durante case dous anos, bolseira de colaboración no Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral do MECYD e bolseira do Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia. Actualmente, é beneficiaria dunha bolsa-contrato FPU do Ministerio de Educación, e realiza a súa tese de doutoramento baixo a dirección do profesor Arturo Casas. Até o momento, coeditou os volumes Trans-fronteiras Express: Reflexións teórico-críticas sobre hibridación e emerxencia cultural e literaria (2013, Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela) e La poesía actual en el espacio público (2015, Orbis Tertius). O seu labor investigador céntrase na teoría poética e a literatura galega, enfocando especialmente a tematización da autoría, a enunciación, a hibridación xenérica e a fragmentación na poesía contemporánea.

 

Curriculum