Fernando

Cabo Aseguinolaza, Fernando

Catedrático de Universidade

fernando.cabo@usc.es

Fernando Cabo Aseguinolaza (Santiago de Compostela, 1961) é catedrático de Teoría da literatura e Literatura comparada na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse con Premio Extraordinario en 1990. Foi Director do Departamento de Literatura española, Teoría da literatura e Lingüística xeral, Coordinador do Programa de Doutoramento de Estudos da literatura e da cultura, Director do Centro de Estudos Avanzados e Presidente da Asociación Española de Teoría da literatura. Coordina o Grupo de Investigación de Teoría da literatura e Literatura comparada, que obtivo en catro convocatorias a consideración de Grupo de Referencia Competitiva.

Editou diversas obras do século de ouro español, como El Buscón (Crítica, 1993; Galaxia Gutenberg, 2011) ou, en colaboración con Santiago Fernández Mosquera, Execración contra los judíos (Crítica, 1993 e 1996). Tamén é autor dos libros El concepto de género y la picaresca (USC, 1992), Infancia y modernidad literaria (Biblioteca Nueva, 2001), Manual de teoría de la literatura (Castalia, 2006), xunto con María do Cebreiro Rábade Villar, así como de numerosos artigos sobre teoría da literatura, literatura comparada e teoría da historia literaria. É autor así mesmo de varios traballos de investigación sobre Álvaro Cunqueiro, Xosé Luis Méndez Ferrín e, particularmente, a obra narrativa de Rosalía de Castro. Froito do traballo no marco da International Comparative Literature Association, en 2010 apareceu publicado na editorial John Benjamins o primeiro volume da Comparative History of Literatures in the Iberian Peninsula, da que é coeditor e colaborador. O seu último libro é El lugar de la literatura española (Crítica, 2012), noveno volume da Historia de la literatura española dirixida por José-Carlos Mainer.

Na actualidade dirixe, xunto con María do Cebreiro Rábade, un proxecto de investigación titulado "Cartografias do afecto e usos publicos da memoria: unha análise xeoespacial da obra de Rosalia de Castro" (FFI2017-82742-P), financiado polo MINECO (período de execución: 01/01/2018-31/12/2021).

Curriculum

Publicacións