Antonio Jesús

Gil González, Antonio Jesús

Profesor titular de Teoría da literatura e literatura comparada

aj.gil@usc.es

Antonio J. Gil González (Vigo, 1968), é doutor en Filoloxía pola Universidade de Salamanca (1997) e profesor titular da área de Teoría da literatura e literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela, onde imparte as materias Intermedialidade e cultura de masas e Literatura e arte no mundo moderno e contemporáneo.  É ou foi ademais profesor convidado nas universidades de Brno, Braga, Tours, Dijon, Mar da Plata, Salamanca ou Sevilla.  

Como investigador, dedicouse principalmente ao estudo da narrativa española contemporánea, a metaficción e as novas narrativas. É autor de +Narrativa(s). Intermediacións novela, cinema cómic e videoxogo no ámbito hispánico (Ediciones Universidad de Salamanca, 2012). Na actualidade prepara a monografía Ludonarrativa. O videoxogo como relato interactivo e intermedial. É coordinador da Rede internacional sobre metaficción no ámbito hispánico e Investigador principal do Proxecto «Intermedialidad, adaptación e transmedialidad no cómic, o videoxogo e os novos medios» (FFI2014-55958-C2-2-P) financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade.

Outras informacións de interese

  • Profesor titular de teoría da literatura e literatura comparada.
  • Coordinador do Erasmus Mundus Master Crossways in Cultural Narratives da USC.
  • Profesor de Guión e narrativa no Máster de Videoxogos da Universidade de Sevilla.
  • Investigador Principal do Proxecto «Intermedialidad, adaptación e transmedialidad no cómic, o videoxogo e os novos medios».
Curriculum

Publicacións