María do Cebreiro

Rábade Villar, María do Cebreiro

Profesora Contratada Doutora, acreditada a Profesora Titular de Universidade

m.rabade@usc.es

María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) é escritora e profesora e investigadora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, onde actualmente exerce como Vicedecana. Escolmou a súa produción poética, en versión galega e castelá, na antoloxía Objetos perdidos (2007); o poemario Non son de aquí (2009) foi traducido ao inglés por Helena Miguélez Carballeira e o último dos seus dez libros de poemas, O deserto (2015), recibiu o Premio da Crítica española ao mellor poemario en lingua galega. Foi crítica literaria do Diario Cultural da RTVG (2006/2007) e do suplemento “Luces” de El País (2010/2012). Publicou artigos de investigación literaria en revistas como  Bulletin of Hispanic Studies,  Rilce,  Revista de Literatura,  Romance Notes,  Hispanófila,  Revista de Estudios Hispánicos,  Revista Canadiense de Estudios Hispánicos, Revista Hispánica Moderna  ou  Anales de la Literatura Española Contemporánea. Coordinou o Grupo de investigación Rosalía de Castro, así como un proxecto de investigación financiado sobre a súa obra narrativa (10PXIB204239PR) e participou no equipo de traballo que editou o epistolario dixital da escritora para o Consello da Cultura Galega. Con Fernando Cabo deu ao prelo un Manual de teoría de la literatura (2005), e é autora dos ensaios As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña (2004), Premio Dámaso Alonso de Investigación Filológica; As terceiras mulleres (2005); Fogar impronunciable. Poesía e pantasma (2011), Canon y subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro (2012), en coedición con Helena González Fernández, e Política y afectos. La obra narrativa de Rosalía de Castro (2015), mención de honra do Premio Internacional Margit Frenk.

 

Curriculum

Publicacións