Mario

Regueira Fernández, Mario

Profesor Interino de Substitución

marioregueira.gal

Ferrol (1979). Profesor de substitución na área de Teoría da literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela desde 2020. Son Licenciado en Filoloxía Galega e Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola USC. Os meus primeiros intereses como investigador foron relativos á cuestión da historia, particularmente en contextos nacionais subalternos, algo ao que sumei unha perspectiva sociolóxica, especialmente influída polo traballo de Antón Figueroa, que dirixiu as miñas primeiras investigacións de doutoramento. Froito desta combinación foi a miña participación no Núcleo de Estudos para a Innovación da Historia Literaria Galega (NEIHLG).

Estas dúas liñas marcan tamén profundamente a miña tese de doutoramento A narrativa na reconstrución do campo literario galego de posguerra. Repertorios e imaxinario nacional no proxecto de Galaxia (2016), dirixida por Arturo Casas. Da mesma maneira, o ámbito tratado vincula moitas das miñas publicacións previas e posteriores ao tema concreto da literatura galega tras a Guerra Civil.

Esta tendencia principal da miña investigación non impediu que teña traballado paralelamente e que manteña un vivo interese por outras perspectivas contemporáneas. As cuestións de xénero, a teoría queer ou as diferentes relacións da tecnoloxía coa literatura son algunhas das liñas complementarias e actuais do meu traballo que tamén se atopan presentes como intereses transversais en parte da miña produción.

Publicacións