Laura

Pereira Domínguez, Laura

Investigadora predoutoral FPU

lpereiradominguez@gmail.com

Laura Pereira é investigadora predoutoral no GI de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela. Antes, licenciouse na mesma universidade en Filoloxía hispánica e fixo un mestrado en Estudos da literatura e da cultura cun TFM titulado A modestia feminina a través dos xestos: unha aproximación retórica e performativa na literatura da Idade Media tardía. No seu proxecto doutoral estuda as funcións dos xestos na narrativa e miniaturas europeas dos séculos XIV e XV na construción dos personaxes femininos, e tamén a súa recepción e relación coa constitución dos suxeitos mulleres. Outras liñas de investigación que nas que traballa son as relativas as humanidades dixitais e metodoloxías computacionais. Imparte docencia na Facultade de Filoloxía da USC, en materias relacionadas coa cibercultura e novos medios, teorías literarias contemporáneas e literatura comparada. 

 

Curriculum

Publicacións