María de los Angeles

Rodríguez Fontela, María de los Angeles

Profesora Titular de Universidade

rodriguez.fontela@usc.es

Mª Ángeles Rodríguez Fontela, iniciada como docente no Ensino Medio na segunda metade dos 70, é profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela, con docencia na Facultade de Humanidades de Lugo, desde 1995. A partir deste ano  ten participado en varios proxectos de Investigación de Universidades españolas e europeas e traballado con algúns dos más destacados especialistas de Retórica e Semiótica das Universidades de Bruxelas e Liexa. Da súa investigación principal sobre o Bildungsroman derivan dous libros —La novela de autoformación. Una aproximación teórica e histórica al Bildugsroman desde la narrativa hispánica. Kassel: Reichenberger, 1996; Poética da novela de autoformación. O Bildungsroman galego no contexto narrativo hispánico. Santiago de Compostela: Centro “Ramón Piñeiro”, 1996— e outras publicacións e leccións impartidas na Universidade de Barcelona e nas Universidades portuguesas de Aveiro e do Miño. 

Nas dúas últimas décadas ten investigado con orientación e metodoloxía retóricas na relación da literatura coas artes visuais, especialmente coa fotografía e a publicidade. Particularmente no eido da publicidade destacan os estudios dedicados á poética autobiográfica e á mitoloxía, liña esta última da que deriva a dirección dunha tese de doutoramento. Do equipo de investigación dirixido por Túa Blesa (Universidade de Zaragoza) sobre «Pensamiento literario español del siglo XX», xurdiron estudos sobre a transcendencia que para a estética e o ensaísmo literarios españois tiveron autores como Vicente Risco, Víctor Said Armesto, Eduardo Blanco Amor, Salvador de Madariaga,  Eugenio F. Granell e Ángel del Río. Outras investigacións están relacionadas coa tipoloxía discursiva e coa relación dos discursos humanístico e científico. 

Os últimos traballos teñen que ver co estudio da argumentación e da construción da identidade cultural na publicidade, coa cartografía literaria da cidade de Santiago de Compostela, coa representación do acto de ler nas artes visuais desde a perspectiva da actio retórica e da cuestión do xénero, e co estudo do concepto do sublime e a italianidade.

Curriculum

Publicacións