Volver á listaxe

Pasaxes. Seminario de Mabel Moraña

Datas: 25 de maio e 5 de xuño Actividade aberta

Nesta segunda edición de Pasaxes. Seminario permanente de Teoría literaria e Análise cultural, Mabel Moraña, titular da Cátedra William H. Gass de Humanidades na Washington University in Saint Louis, propónnos a conferencia “Necropoéticas, necropolítica y los laberintos del género”. A celebración desta será na sala B13 da Facultade de Filoloxía o 25 de maio ás 11:00hs. Por outra banda, o luns 5 de xuño (10-13hs) a profesora Moraña ofrecerá un seminario aberto ao PDI e ao alumnado de doutoramento e mestrado na sala B13 titulado "Cuestiones migratorias. Des/re/territorializaciones, postnacionalismo y la dislocación del sujeto”. 

Pasaxes. Seminario permanente de Teoría literaria e Análise cultural é unha iniciativa da área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Instituto de Investigaciones Bibliográficas da Universidad Nacional Autónoma de México. Este ten por finalidade converterse nun foro propicio para o intercambio de ideas con especialistas en estudos literarios e culturais. Neste sentido, o seminario non só aposta por un mellor coñecemento dos avances teóricos e metodolóxicos que están a realizarse desde outros ámbitos e espazos de coñecemento, senón que tamén reivindica a necesidade dun pensamento situado e cooperativo para abordar problemáticas que sobrepasan calquera tipo de fronteira.