Mario J. Valdés, Profesor emérito no Centre for Comparative Literature da Universidade de Toronto, faleceu o pasado 26 de abril de 2020. Dende o grupo de investigación queremos manifestar o noso pesar pola desaparición dunha figura fundamental dos estudos literarios contemporáneos, que tanta vinculación tivo con moitos dos nosos proxectos de forma sempre tan xenerosa.
A Facultade de Filoloxía da USC ten previsto acoller os días 17 e 18 de marzo o seminario "Fantástico e mostruosidade", a cargo do escritor e crítico literario barcelonés David Roas Deus. O local será o salón de actos e o horario de 10h a 12h as dúas xornadas.
Celébrase un novo Seminario Internacional sobre Rosalía de Castro dentro do proxecto de investigación "Cartografías do afecto e usos públicos da memoria: unha análise espacial da obra de Rosalía de Castro" (FFI2017-82742-P). Terá lugar os vindeiros días 4 e 5 de decembro na Facultade de Filoloxía da USC e na Casa-Museo Rosalía de Castro.
Do 27 ao 29 de novembro terá lugar o IV Congreso Internacional Performa, no Colexio Maior Fonseca e no salón de actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.