Margarita

García Candeira, Margarita

margarita.garcia.candeira@usc.es

Margarita García Candeira é profesora axudante doutora de Teoría da literatura e Literatura comparada na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en 2011 coa tese La negociación de la tradición. Baudelaire, Alberti, Lorca y Gil de Biedma en la obra de Luis García Montero (2011), publicada parcialmente como Estrategia y melancolía. La herencia de la vanguardia en la obra de Luis García Montero (Peter Lang, 2012).

 

Os seus intereses de investigación xiran ao redor das poéticas da modernidade. Ademais de García Montero, estudou outros poetas peninsulares contemporáneos como Riechmann, Gimferrer, Gamoneda ou Juan Ramón Jiménez, e dedicou especial atención á obra de Valente. Cunha bolsa da Deputación de A Coruña, coeditou o catálogo da biblioteca persoal do poeta ourensán (Biblioteca de José Ángel Valente, en coedición con Francisco Redondo Abal, 2017) e por encargo da Cátedra Juan Ramón Jiménez compilou o volume Poesía cada día. El Diario de un poeta recién casado (1917) de Juan Ramón Jiménez y la tradición del diario poético (2022). Neste marco traballou na conexión entre escritura e música, a partir dos casos de Sabina ou Siniestro Total. Como coordinadora do Fondo Uberto Stabile da Universidade de Huelva e IP do proxecto de investigación financiado Catalogación, digitalización y estudio del Fondo Uberto Stabile de publicaciones periódicas: hacia una puesta en valor del patrimonio cultural de la Universidad de Huelva (1970-actualidad) (2019-2022) atendeu a formas alternativas e marxinais de produción poética e cultural.

 

Ao amparo de varios proxectos de investigación financiados investigou a narrativa de Rosalía de Castro e de Pardo Bazán, deténdose na xestión específica da modernidade que nelas se ensaia, e como froito do seu traballo na área de Didáctica da Lingua e a Literatura, analizou o vínculo entre canon, ideoloxía e educación literaria. 

 

Os seus artigos teñen sido publicados en revistas de prestixio como Rilce, Bulletin of Hispanic Studies, Revista de Estudios Hispánicos, Revista de Literatura, Ínsula ou Hispanic Research Journal entre outras.

Curriculum

Publicacións