Gisella

Costas, Gisella

Investigadora predoutoral

gisella.costas.lopez@usc.es

Gisella Costas López traballa como investigadora predoutoral, cunha bolsa da Xunta de Galicia, no GI-1371 de referencia competitiva de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela desde 2021. Previamente graduouse en Lingua e Literatura Inglesas e cursou o mestrado en Estudos da Literatura e da Cultura nesta universidade. O seu proxecto de doutoramento, titulado “El mundo natural en el discurso literario de Rosalía de Castro: perspectivas teóricas y condiciones históricas de producción”, busca afondar na representación literaria do mundo natural na obra final de Rosalía de Castro, a partir dunha perspectiva tanto teórica como histórica, tomando como prisma de análise teorías do último século como a ecocrítica ou a teoría dos afectos. Como docente, imparte clase na materia de Teoría e Crítica Literarias na Facultade de Filoloxía da USC.

Curriculum