Sarah

Vidal Horta, Sarah

Investigadora predoutoral

Graduada en Linguas e Literaturas Modernas (2021) pola Universidade de Santiago de Compostela, posteriormente realizou o mestrado en Estudos da Literatura e da Cultura na mesma universidade. Actualmente, é investigadora predoutoral cunha bolsa FPU (2022-2026) no Grupo de Investigación de Teoría da Literatura e Literatura Comparada (GI-1371). A súa tese de doutoramento El Atlántico maravilloso. Análisis sistémico-sociológico del realismo mágico como vector de una comunidad Ibero-Afro-Americana en la Lusofonía procura abordar comparativamente a produción, mediación e canonización do realismo máxico lusófono no marco da literatura mundial.