Roque

Fernández Alcañiz, Roque

Contratado Axuda Predoutoral da Xunta de Galicia (2025-2029)

roquefernandez.alcaniz@usc.es

https://orcid.org/0009-0008-6716-935X

Roque Fernández Alcañiz (Vigo, 2000) é doutorando en Estudos da Literatura e a Cultura na Universidade de Santiago de Compostela e fai parte do Grupo de Investigación “Teoría da Literatura e Literatura Comparada” (GI-1371) da Facultade de Filoloxía e do Proxecto PERFORMA: «Teatro sin teatro: teoría y práctica del no actor en la escena española contemporánea. PERFORMA 3» (PID2023-149349NB-I00). En 2024 foi beneficiario do contrato para investigadores en iniciación do Banco Santander, que financiou o proxecto "Poesía multimedia de difusión online. Achegamento teórico e a través de corpus ás novas formas de poesía dixital". A súa formación filolóxica está marcada pola especialización en portugués e alemán; o seu traballo doutoral xira arredor da produción poética multimedia en linguas ibéricas e a súa análise sociolóxica, estética e comunicacional. A súa tese, "Poesía dixital ibérica online. Antoloxización e análise de corpus contemporáneo (2020-2025)”, codirixida por María Teresa Vilariño Picos (USC) e Manuel José de Freitas Portela (Universidade de Coimbra), conta con financiación a través das Axudas Predoutorais da Xunta de Galicia (2025-2029).