O premio Otero Pedrayo 2023 distingue o labor do profesor Darío Villanueva
O noso compañeiro, Darío Villanueva, recibe o premio Otero Pedrayo desde ano 2023. Un premio impulsado pola Xunta de Galicia e as catro deputacións da comunidade.
Trátase dun recoñecemento aos seus «méritos no académico, na investigación e na actividade profesional como crítico literario e escritor, así como no institucional».
O galardón está dotado con 16.000 euros e busca "perpetuar e honrar a memoria do ilustre galeguista, promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súas cidadanía e as súas institucións".