Inaugúrase no Real Jardín Botánico-CSIC de Madrid unha mostra que subliña as plantas e flores que inspiraron gran parte da obra de Rosalía de Castro. A exposición é un dos resultados do proxecto de investigación "Cartografías do afecto e usos públicos da memoria: unha análise xeoespacial da obra de Rosalía de Castro”, do que é IP Fernando Cabo Aseguinolaza. Son comisarios da exposición, ademais de Fernando Cabo, María do Cebreiro Rábade Villar e María López Sández.
O IX Simposio da Asociación Española de Teoría de la Literatura (ASETEL), que se ía celebrar o pasado 28 e 29 de xaneiro pero tivo que ser suspendido polas restricións a causa da Covid-19, terá lugar ese xoves 8 e venres 9 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC, coordinado desde a área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada polos profesores Anxo Abuín González, Paulo Antonio Gatica Cote e María do Cebreiro Rábade Villar.
As novas restricións ditaminadas pola Xunta de Galicia por mor do avance da Covid-19 impiden a celebración do Simposio, prevista para o 28 e 29 de xaneiro. A organización buscará novas datas para celebralo coas debidas garantías.
A Facultade de Filoloxía da USC acolle o IX Simposio da Asociación Española de Teoría de la Literatura (ASETEL), coordinado desde a área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada polos Anxo Abuín González, Paulo Antonio Gatica Cote e María do Cebreiro Rábade Villar.