Lorena

Paz López, Lorena

Profesora substituta

lorena.paz@usc.es

Lorena Paz López é profesora substituta de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Culturas Latinoamericanas, Ibéricas e Latinas polo Graduate Center da City University of New York (2022), foi investigadora posdoutoral do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas da República Arxentina, con sede de traballo no Instituto de Filoloxía e Literaturas Hispánicas Dr. Amado Alonso da Universidade de Buenos Aires (2023-2026).

As súas liñas de investigación céntranse na literatura española contemporánea e nos estudos transatlánticos, con especial atención ao exilio republicano español en América Latina desde unha perspectiva de xénero. Investigou as redes intelectuais, afectivas e profesionais das escritoras exiliadas, así como as súas intervencións en prensa, na radio e na cultura de masas na Arxentina. Nos últimos anos, o seu traballo orientouse tamén cara aos Aging Studies e á xerontoloxía cultural, explorando as relacións entre envellecemento, temporalidade, xénero e exilio na literatura española do século XX.

Publicou o libro Feminismos del exilio. Devenir mass media de las escritoras españolas en Argentina (1938-1963) (Peter Lang, 2026) e coeditou o volume Amparo Alvajar y Rogelio García Lupo. Epistolario inédito (1955-1967) (Ediciones Biblioteca Nacional Mariano Moreno, no prelo). Os seus artigos apareceron en revistas de referencia no ámbito como Bulletin of Hispanic Studies, Journal of Women's History, Hispanófila e Iberoamericana.