Darío

Villanueva Prieto, Darío

Catedrático de Universidade

dario.villanueva@usc.es

Darío Villanueva Prieto naceu en Vilalba (Lugo) en 1950. É Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidad Autónoma de MadridCatedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela, de cuxa Facultade de Filoloxía foi Decano entre 1987 e 1990. 

Ocupa o sillón D da Real Academia Española (RAE). En decembro de 2009 foi elixido Secretario. E en decembro de 2014, Director da RAEComo tal é también Presidente da Asociación de Academias de la Lengua Española (ASALE) e membro nato do Consello de Estado

En xuño de 1994 foi elixido Reitor da USC, reelixido en maio de 1998. Durante estes anos estivo á fronte dunha das Vicepresidencias da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) e a presidencia da Red de Bibliotecas Universitarias (REBIUN). 

Entre os seus libros cóntanse Trayectoria de la novela hispanoamericana actualescrito en colaboración con J.M. Viña Liste e traducido ao árabe polo Consello Superior de Cultura de Exipto (1998) e  Teorías del realismo literario,  finalista do Premio Nacional de Ensaio en 1993, cuxa tradución ao inglés data de 1997. 

Os seus últimos libros titúlanse Valle-Inclán, novelista del Modernismo (2005), Da palabra no tempo. Estudos e ensaios de literatura (2007), La poética de la lectura en Quevedo (2007), e Las fábulas mentirosas. Lectura, realidad, ficción, publicado en México (segunda edición, 2011). 

En decembro de 2014 a editorial Routledge (Londres/Nova York) publicou Introducing Comparative Literature. New Trends and Applications, obra da que Darío Villanueva é coautor xunto con César Domínguez e Haun Saussy, traducida ao español en 2016 co título Lo que Borges enseñó a Cervantes. Introducción a la Literatura comparada. A principios de 2015 apareceu unha nova edición ampliada de Imágenes de la ciudad. Poesía y cine, de Whitman a Lorca, que recibiu o Primeiro premio internacional de investigación humanística da Sociedad Menéndez Pelayo.

Publicacións