María de los Ángeles

Rodríguez Fontela, María de los Ángeles

Profesora ad honorem

rodriguez.fontela@usc.es

Docente de ensino medio desde 1976 a 1995, inicia a docencia universitaria e a investigación no año 1978 no Colexio Universitario de Lugo, onde impartiu docencia ata 1986. Neste período comeza a elaboración da tese de doutoramento sobre o Bildungsroman hispánico, da que derivan dous libros: La novela de autoformación. Una aproximación teórica e histórica al Bildugsroman desde la narrativa hispánica. Kassel: Reichenberger, 1996, e Poética da novela de autoformación. O Bildungsroman galego no contexto narrativo hispánico. Santiago de Compostela: Centro “Ramón Piñeiro”, 1996. Regresa á Universidade de Santiago de Compostela en 1995 e exerce desde 1998 ata a actualidade como Profesora Titular de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Facultade de Humanidades de Lugo. 

Ten participado en proxectos de investigación de universidades españolas e europeas, traballando con algúns dos máis destacados especialistas de Retórica e Semiótica de Bélxica (Michel Meyer, da ULB de Bruxelas, Jean-Marie Klinkenberg (Universidade de Lieja) e Nicole Everaert-Desmedt (Fac. Univ Saint–Louis, e Centre de Hautes Études de Bruxelas). Participou tamén no proxecto «Literary Education in Multicultural Europe», subprograma dirixido polo profesor Jean Bessière (Sorbonne Nouvelle, París-III), dentro do programa europeo COTEPRA (Letteratura comparata. Teoria e Pratica) e baixo a coordinación xeral da profesora Vita Fortunati (Universidade de Boloña) 1998-2001. 

Así mesmo traballou como investigadora e ponente no Seminario “Pensamento literario español do século XX”, dentro do equipo interuniversitario “Estudios Culturales” da Universidade de Zaragoza, e en sete proxectos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela. Ten diversas publicacións relacionadas coa retórica -particularmente a publicitaria-, a mitoloxía, a relación da literatura con outras artes- especialmente coa fotografía– e o ensaio.

Curriculum

Publicacións